«O meu problema era ser moi falador»

mar gil OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIUDAD

MIGUEL VILLAR

Alumno e mestra coinciden en que á docencia das Matemáticas sóbranlle receitas e fáltalle razoamento

11 dic 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Na memoria sentimental da escola moitos lembran as primeiras lecturas; outros, o tempo de recreo e os máis desafortunados, os castigos. Xosé Antón Vila (Taboadela, 1968) e a compostelá Rosario Pereira comparten unha lembranza pouco común: as fraccións xeratrices. Ela era profesora de Matemáticas no instituto Otero Pedrayo e el aínda non soñaba con dirixir o CITI (Centro de Investigación, Transferencia e Innovación da Universidade de Vigo), pero na actitude daquel adolescente Rosario viu axiña un futuro académico brillante.

A que anos máis tarde sería compañeira docente de Antón no campus de Ourense lembra con frescura a anécdota que relata: «Rosario puxéranos un exercicio sobre fraccións xeratrices sen dicirnos como se resolvía. Eu traballeino na casa e medio descubrín unha regra para facelo. Cheguei ao día seguinte á clase pensando que ía romper a pana pero, antes de que me dese tempo, Rosario explicou como se facía. Chafoume!». Talvez para compensar, Rosario Pereira pon en contexto a anécdota: «No era sencillo aquello, tiene mucho mérito. Ahí estaba ya el investigador porque, aparte de la inteligencia, la clave es trabajar. Del trabajo es como se saca provecho en la vida. Si, como Antón, una persona es inteligente y trabajadora, no hay límite. Hoy los niños acceden a internet, encuentran respuestas fácilmente y se pierde la cultura del esfuerzo. Mucha gente al éxito de otros le llama suerte, pero alguien dijo que la suerte da mucho trabajo». Se se trata de atopar sorte na súa formación académica, Vila felicítase de ter profesores como Rosario: «Ter bos profesores é fundamental. Estouno vendo coa miña filla, que se converteu nunha alumna brillante despois de ter unha profesora magnífica no Irmáns Villar. E en canto a min, eu sempre fun bo estudante pero… lembro a Rosario en Matemáticas e a Fernando González en Física, xente que te motivaba, que te facía pensar, que non viña con problemas de receita, deses de eu aprendo isto e pregúntanme o mesmo».

«Las recetas ?engancha Rosario o termo- no aportan mucho a la formación. Las matemáticas de 2º BUP eran muy difíciles para esa edad; las de 3º eran más rutinarias. En el Otero Pedrayo Alfredo Suárez Canal y yo dábamos las de 2º. A mí me encantaban esas matemáticas de pensar.

Siempre defendí que había que enseñar a los niños a pensar por su cuenta Por iso lle gratifica especialmente ter exalumnos como Antón “porque, de alguna manera, he puesto una ramita en el montón que es su carrera. Era una gozada como alumno porque lo veías siempre con interés”.

Malia que poida resultar politicamente incorrecto, a docente xubilada e de fácil sorriso que é Rosario Pereira lanza a súa opinión sobre os estudantes excepcionais: «Siempre me preocupó mucho el relativo abandono que había de los alumnos muy buenos. En aquel grupo del aula 3 pasaban de 40 alumnos y, ¡claro!, no les puedes dedicar una atención especial. Para ellos es malo y para la sociedad es un desperdicio. En el caso de Antón era más triste porque, aparte de inteligente, trabajaba».

«Eu fun sempre de atender. Os únicos problemas que tiven foron pola lingua porque o meu problema era ser moi falador» -ri Vila-. Polo demais, neses anos pasaba boa vida, era a época en que empezaban as discotecas. Nunca fun de angustiarme polos exames. Na universidade, igual. Hai que desconectar algo».

Sentado ante a súa profesora de BUP e de COU -«Non sei de ninguén que criticase a Rosario pola excelencia docente, pero si pola esixencia»-, Antón non pode deixar de compararse: «Eu son moi rápido e cústame ir ao ritmo dos alumnos. Pero o que aprendín de Rosario e doutra xente é facelos razoar, que teñan que pensar, non ir á receita. Eu déixolles usar internet, libros e o que queiran nos exames. Procuro facelos pensar sobre a información e a base que lles dou. Pero en canto á miña maneira de explicar… Vexo profesores máis calmados, máis repousados, pero cada un ten as capacidades que ten!».

«Al alumno de Matemáticas le falla la Lengua»

A matemática Rosario é unha firme defensora da lectura e o físico Antón é un amante da Historia: «Leo moitísima novela histórica porque, como a Filosofía, axuda a entender o mundo. Creo que a formación non debe ir a unha especialización total». Rosario teno claro: «Al alumno de Matemáticas le falla la Lengua, por eso yo siempre defendí mucho las asignaturas de Lengua y Literatura». A programación de contidos a idades nas que o neno aínda non está listo para eses conceptos, coinciden Vila e Pereira, é un dos factores que explica o fracaso da docencia matemática. «Habría que ir a unas

matemáticas más prácticas», suxire Rosario, para deseguida laiarse, ollando atrás, de que «igual fui más exigente de lo que debía. Yo tenía fama de dura». De dura e de profesora excelente, matiza Vila: «Aos profesores hai que analizalos con distancia porque, no momento, só ves o agobio, pero despois hai que preguntarse Que aprendín con el?».