João Madureira reflexiona sobre o 25 de Abril portugués

La Voz

OURENSE CIUDAD

cedida

O profesor e escritor portugués presenta a súa nova novela en Ourense

19 oct 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

João Madureira (Chaves, 1958) volve a Ourense e faino para presentar a súa nova publicación, a novela «O home sem memória». O profesor portugués reflexiona nesta obra sobre o Portugal do 25 de Abril e propón unha entrega literaria na que coa súa lectura «a mente do lector quedará certamente repleta de imaxes memorables: unha revolución e outra máis, un seminario, moita propaganda (agitprop) e cervexa, unha nai loitadora e sufridora, un superpai paciente» e moitas outras historias e personaxes nunha novela na que os acontecementos se suceden «a cachón, mais de forma calma, proporcionando tempo para a reflexión do lector». João Madureira xa ten presentado as súas anteriores obras en Ourense, ademais de amosar as súas fotografías en mostras na cidade e en Allariz. Ten participado nas xornadas sobre Romasanta e na antoloxía «Sacauntos Romasnta».

Hoxe • 20.30 horas • Libraría Punto e Coma (Rúa da Paz) •