Trinta produtoras de Galicia e Portugal estarán no encontro do OUFF

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIUDAD

XMR

A participación increméntase con respecto ao pasado ano

10 oct 2017 . Actualizado a las 19:36 h.

Finalmente serán trinta as empresas e entidades que participarán na terceira edición do Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia, unha iniciativa que medra cada ano como canle de comunicación directa co país veciño na procura de socios para novos proxectos de cinema e televisión, segundo se sinala dende a Agadic, promotora da iniciativa que se desenvolve no OUFF en colaboración co ICA - O Nosso Ecrã, de Portugal. Na pasada edición do certame audiovisual ourensá o número de participantes fora de vinte e tres.

A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, a través de Agadic, apostou no seu día por facer do Festival de Cine Internacional de Ourense o espazo de encontro entre produtoras de Galicia e Portugal para participar en reunións nas que tentar sacar adiante os proxectos e buscar socios para os mesmos.