Charla sobre a arquitectura e o cambio climático

La Voz

OURENSE CIUDAD

O Marcos Valcárcel acolle a celebración do Día Mundial da Arquitectura

03 oct 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 19.30 horas • Centro Cultural Marcos Valcárcel • Celébrase o Día Mundial da Arquitectura e o Colexio de Arquitectos de Ourense celebrará a data cunha conferencia de Pablo Jorreto Díaz e Pablo López Vidal titulada «Arquitectura e clima». O COAG apostou nesta edición por un cambio de orientación con respecto aos outros anos, nos que se optaba por elexir unha intervención arquitectónica para homenaxear ao seu autor, e na convocatoria 2017 o obxectivo pasa por concienciar fronte ao cambio climático e as súas consecuencias.