Paula Carballeira abre o ciclo de literatura infantil

La Voz

OURENSE CIUDAD

As actividades desenvolveranse na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense

03 oct 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Día s 3, 10, 17, 24 e 31 de outubro e 7 de novembro • 18.00 e 19.30 horas • Sala Emilia Pardo Bazán (Edificio de Facultades) • Comeza no Campus de Ourense a terceira edición do «Ciclo de literatura infantil e xuvenil», proxecto que esta ano se desenvolverá baixo o lema «O teatro e as súas potencialidades na educación infantil». A primeira das intervencións, a que está programada para esta tarde ás 18.00 horas, correrá a cargo de Paula Carballeira. A actriz, escritora e contacontos impartirá unha conferencia titulada «Que facemos co teatro?». Raquel Castro, Antón Cortizas, Carlos Labraña, Manuel Núñez Singala e Sabela Gago son o resto dos ponentes do ciclo.

Logo da charla inaugural haberá, 19.30 horas, un concerto a cargo do grupo 2na Fronteira.