«É preciso concienciar á sociedade sobre o abuso e maltrato que padecen os maiores»

x. m. r.

OURENSE CIUDAD

Santi M. Amil

Ateular celebra o vindeiro sábado, día 17, a primeira andaina vencellada con esta situación

13 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O vindeiro sábado, día 17, celebrarase en Ourense a primeira Andaina Solidaria Ateular. O proxecto nace vencellado ao Día mundial da toma de conciencia do abuso e o maltrato na vellez e ten carácter solidario: o diñeiro recaudado coas inscricións será destinado a Afaor, Cáncer Ourense, Alcer, Renacer e Aodem. O percorrido da andaina é de oito quilómetros, con saída e chegada no Campo da Feira.

-Como nace esta primeira andaina?

-Polo noso traballo, como empresa de axuda no fogar, temos relación coas persoas maiores -dependentes ou non- e vemos que hai un maltrato cara aos maiores. Cando falamos de maltrato non ten por que ser físico. Situacións de soedade, de falta de cariño, de non contar para determinadas cousas. De aí que esta iniciativa teña como obxectivo sensibilizar aos cidadáns cara aos nosos maiores.

-Da que fala é unha problemática moi común?

-Son circunstancias que se están dando na sociedade actual. Os maiores forman parte da mesma e como lle pasa ao resto dos colectivos, dende os máis cativos aos adultos, teñen ganas de vivir, de facer cousas e de que os teñan en conta. Daquela é preciso concienciar á sociedade sobre o abuso e maltrato que padecen os maiores para que exista unha maiores sensibilidade hacia eles.

-O proxecto nace con vocación de continuidade?

-Si. Queremos promover unha convocatoria anual para incidir nesta problemática.

-Andaina non competitiva e solidaria.

-Así é. Sairá ás 10.00 horas dende o Campo da Feira e o recaudado servirá para colaborar co traballo que fan varias asociacións e colectivos solidarios de Ourense.

-Contan con apoio para organizar a actividade?

-Voluntarios vencellados a estes colectivos colaborarán para desenvolver a iniciativa o vindeiro sábado.

-Se alguén non pode ir á andaina pero quere colaborar coa iniciativa como fai?

-As inscricións poden facerse en Ateular -avenida da Habana, 54- , tamén na nosa web -www.ateular.es- e temos unha conta para as persoas que desexen facer aportacións.