Libros á rúa

Xosé M. Rodríguez ANACOS

OURENSE CIUDAD

31 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Mentras agardamos por poder pasar o tempo noutras lerias -a modo de exemplo subir á Ponte do Milenio que leva un ano pechada ao público no que é o seu anel central- chega o momento de disfrutar un ano máis da festa do libro e da cultura. Una cita, a deste ano, que terá ao escritor ourensán Carlos Casares como protagonista e que se consolida no emprazamento que semella ser o seu espazo natural: aquel no que as librarías se achegan a un maior número de público e no que os libreiros rexistran unha demanda máis importante.

Cando a Casares, cuxa lembranza chegará hoxe da man do pregoeiro e que protagonizará sesións como o espectáculo musical que pechará as actividades paralelas -O mundo de Carliños, proposta de Luís Vallecillo que chegará o domingo-, estarán dende autores ourensáns de proxección internacional -Claudio Rodríguez Fer presentará José Ángel Valente. Cantigas de alén- aos gañadores de premios como o Risco de Creación Literaria, Cidade de Ourense de Poesía ou o Blanco Amor de Novela.

 

 

Uns días, dende hoxe ao domingo, nos que os libreiros que participan na feira serán quen de ofrecer os mellores consellos e resolver todas as dúbidas que se lle presenten aos lectores, nos que a animación á lectura e os personaxes literarios agasallarán aos máis cativos con experiencias únicas e nos que un paseo polas casetas servirá para atopar esa obra que estaba agardando por ser descuberta.

O Paseo énchese hoxe de libros, de historias, de ilusión e de encontros cos autores de hoxe e do futuro. Unha oportunidade para disfrutar e ser, de certo, algo máis felices.