Soños

María Cobas Vázquez
María Cobas DESDE O OUTEIRO

OURENSE CIUDAD

05 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Foi un soño para Begoña Dacal poder sair da casa, coller un tren e marchar de compras toda a tarde. ¡Un soño! Algo tan cotiá como sair de compras e poder facelo soa -se queres- sen depender que a leven e a traian, foi para ela un soño cumprido. En 2017, cando falamos de chegar a Madrid desde Ourense en apenas catro horas, en Valdeorras as persoas que precisan dunha cadeira de rodas para moverse non podían saír da vila en transporte público porque non era accesible. A 29 de marzo de 2017. Aí queda iso. No mesmo tempo no que buscamos vida en Marte e xa casa parece posible edificar na Lúa, non había unha rampa e un servizo de atención para aubir a un tren. Ás veces nos xornais contamos grandes proxectos, de moitos cartos e de moitos avances, e de tanto mirar para adiante, esquecemos mirar cara atrás. Nós como xornalistas, mais como reflexo da sociedade que nos rodea. Non miramos a quen non sigue o ritmo. Non porque non queiran, porque coa súa enfermidade dexenerativa Begoña Dacal é un exemplo de optimismo e vitalidade; senón porque a sociedade, todos como sociedade, non miramos de que todos vaiamos á par. Fixeron falta protestas, concentracións, cartas, peticións, reclamacións... Fixo falta de todo, e despois conseguiuse. Un logro para Disvalia. Unha meta conseguida. Un motivo de orgullo para eles, que debería ser un motivo de vergoña para a sociedade en xeral. Non pode ser que unha persoa en cadeira de rodas non poida subir a un tren ou moverse por un hospital. ¿E despois veñen vendernos fume co AVE? En fin. Por certo, moitos millóns, un ano máis, porque non se fixo antes.