Quinta edición do concurso de teatro Abrente

La Voz OURENSE

OURENSE CIUDAD

Santi M. Amil

Constituído o xurado do certame ribadaviense

11 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

«Según informa a Agrupación Cultural Abrente, de Ribadavia ?contaba hai 40 anos a delegación da Voz de Galicia en Ourense? o xurado do concurso de obras teatrais en galego que orgaiza a devandita agrupación estará integrado por Roberto Vidal Bolaño, autor teatral; Víctor F. Freixanes, periodista; Enrique Harguindey Banet, crítico; Xosé Agrelo Hermo, direitor do grupo teatral «Candea», de Noia, e Charo Barrio, actriz do grupo «Teatro Circo», da Cruña. O xurado foi elexido democraticamente pola Agrupación «Abrente» e os grupos de teatro galegos. O fallo do concurso daráse a coñecer o vindeiro 17 de maio, no local de «Abrente». Ese ano 1977 o premio do certame foi para a obra Progreso e andrómena de antroido, de Camilo Valdeorras. Recibiron mencións O cazador de perdices, de Xosé Manuel Martínez Oca, e Informe sobor dunha terra, de Manuel Guede.