O Centro Dramático Galego chega con «Tartufo» a Ourense

La Voz

OURENSE CIUDAD

cedida

O Teatro Principal ofrece a nova montaxe da compañía pública o sábado e o domingo

02 dic 2016 . Actualizado a las 19:04 h.

Hoxe e mañá • 20.30 e 19.00 hora s • Teatro Principal • De 10 a 15 euros • O Centro Dramático Galego e o Teatro Principal manteñen de sempre unha estreita relación. O CDG inclúe sempre o teatro ourensán nas súas xiras e mesmo nalgunha ocasión o Principal se ten convertido en espazo para estrear algunha das propostas da compañía pública galega. O CDG apostou desta volta por un texto clásico, o «Tartufo» de Molière, e por un director galardoado para poñer en marcha a primeira montaxe da tempada 2016-2017. Carles Alfaro foi daquela o responsábel da dirección deste clásico, que chega nesta ocasión cunha «proposta lúdica, que busca reflectir os claros e escuros da obra orixinal e, ao tempo, ser fiel á ollada tenra, crítica e burlesca, tamén cara a si mesmo, que caracteriza o conxunto da obra de Molière».

Protagonistas

Participan no «Tartufo» do CDG Casilda Alfaro, César Cambeiro, Antela Cid, Xoán Fórneas, Mónica García, Marta Lado, Roberto Leal, Rebeca Montero, Alejandro Saá e Patricia Torres.