«Vai ser o meu primeiro concerto no Latino»

OURENSE CIUDAD

EDUARDO PEREZ

Kin García Trío actúa mañana no Café Latino no maco do Ciclo 1906 Jazz

01 nov 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O Ciclo 1906 Jazz voltará de novo a Ourense mañá, co concerto do Kin García Trío no Café Latino (22.30 horas. 10 euros). O músico de Noia estará acompañado por Jacobo de Miguel (piano) e Noli Torres (batería). O contrabaixista compaxina a súa faceta como concertista coa de compositor e docente.

-¿Xa ten actuado no Latino?

-Non, vai ser a miña primeira vez. Si teño acudido ao café, mais como espectador dalgúns dos concertos.

-¿E en Ourense?

-Na cidade en moitas ocasións. Debo ter tocado en Ourense como medio cento de veces. Cando levas tanto tempo adicado á música e vencellado a diferentes formacións é algo normal.

-¿Con que se van atopar os espectadores?

-Cunha sesión de música bastante íntima, con jazz europeo a base de moito contrapunto, fuga e cousas polo estilo. A «world-music». É dicir, escapando un pouco do swing e de toda esa historia máis vencellada ao que se identifica co estilo americano. Son oito composicións autobiográficas.

-¿En que se basan?

-Fan referencia aos espazos e ás paisaxes vencelladas á miña vida: os lugares onde xogabamos de nenos, o vello estaleiro de Ribeira, as calas onde xogabamos, os topónimos e cousas polo estilo.

-Mantén a formación.

-Levamos dez anos co trío. Jacobo e Noli foron alumnos meus, cando empezamos vimos que conectabamos moi ben e dende entón seguimos.

-¿Traballa nalgún proxecto?

-Este ano saiu «Xingra como a area» e o 18 sae un libro-cedé con Talabarte.