Encontro en Ourense polo centenario das Irmandades da Fala

La Voz

OURENSE CIUDAD

Celebrase hoxe no Centro Cultural Marcos Valcárcel

26 oct 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe?• Centro Cultural Marcos Valcárcel •?19.30 horas?•?Entrada libre?• A capital acolle hoxe unha nova sesión do ciclo de mesas de debate «No tempo das Irmandades: fala, escrita e prelos», unha das iniciativas da Real Academia Galega organizadas co gallo do centenario da fundación dun movemento que foi fundamental na dignificación da lingua e na modernización da cultura no primeiro terzo do século XX. O público poderá escoitar neste encontro, centrado na lingua e nas ideas lingüísticas das Irmandades, as achegas dos académicos Henrique Monteagudo, Rosario Álvarez e Antón Santamarina, que estarán acompañados polo presidente da institución, Xesús Alonso Montero, quen actuará como moderador. Rosario Álvarez desenvolverá o relatorio titulado «Fagamos do cultivo do noso idioma unha relixión de homes dignos»; pola súa parte Antón Santamarina participará con «Galicia e Cataluña. Aproximación ó estudo dunha relación»; por último Henrique Monteagudo disertará en torno o título «Lingua nacional, idioma moderno. As Irmandades e a fala». A entrada é libre.