Traballos sobre Otero ou Risco e reivindicación da figura de Leonardo de Jandra

La Voz

OURENSE CIUDAD

31 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A revista Cómaros está a disposición de quen a queira ler en http://imagonautas.webs.uvigo.gal/index.php/comaros/index e no seu primeiro número inclúe traballos como o de Juan R. Coca titulado Principiando unha epistemoloxía galega con rostro socio-cultural. Camiñando con Otero Pedrayo, Manuel María e outros autores actuais, un de Joaquim Ventura Ruiz sobre Galeguismo e catolicismo: Vicente Risco e Euzkadi 1930-1933 e no apartado de monográficos hai un texto do filósofo e escritor mexicano, nacido en Galicia, Leonardo de Jandra titulado Os meus dous mares e outro de Milton Aragón -Comprender ao outro dende a paisaxe e o territorio. Un achegamento dende o pensamento de Leonardo de Jandra-. Francisco José Francisco Carrera, vallisoletano con ascendentes galegos, achega a esta entrega o traballo Reflexións a carón dun eu lírico en proceso de descomposición expresado dun xeito oteriano.

Segundo Juan R. Coca a intención dos promotores do proxecto é que a revista «vaia crecendo en colaboradores e en persoas implicadas na iniciativa e ter unha periodicidade semestral» e que Ourense recupere o pulo que tivo antigamente entre a cultura, o pensamento e a intelectualidade galega. Tamén se incorporarán traducións de recoñecidos autores ao galego.