Trasalba súmase ás homenaxes dos 80 anos do inicio da represión franquista

La Voz

OURENSE CIUDAD

A actividade que lembrará ós intelectuais represaliados comezará ás 12.30 horas

15 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O vindeiro luns cumpriranse 80 anos do inicio da Guerra Civil Española e moitas cidades están a programar actos para lembrar aos intelectuais represaliados durante a ditadura franquista. Un dos represaliados polo réxime foi o intelectual ourensán Ramón Otero Pedrayo e precisamente será na casa grande de Trasalba, sede da súa fundación, onde o vindeiro domingo se celebrará a Homenaxe aos intelectuais represaliados polo franquismo. A actividade comenzará ás 12.30 horas e o programa foi presentado onte no Liceo de Ourense polo presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, Patricia Arias Chachero, secretaria da Fundación Otero Pedrayo e coordinadora da xornada, e o alcalde de Amoeiro, Rafael Rodríguez. O presidente da fundación, Víctor F. Freixanes, será o encargado de dar a benvida aos participantes e está prevista a intervención de Rafael Rodríguez, Xesús Alonso Montero, Henrique Monteagudo, Carlos Núñez, María Xosé Queizán, Gregorio Ferreiro, Dolores Vilavedra, Afonso Vázquez-Monxardín, Anik Nandi, Luís González Tosar, Helena Villar Janeiro, María do Cebreiro, Xesús Rábade Paredes, Carmen Blanco e Clodomiro Montero.