Un balneario na estación

Xosé M. Rodríguez ANACOS

OURENSE CIUDAD

14 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Xa levamos tantas enriba que cando a calor fai que as ideas vaian máis a modo sempre se cumpre aquilo tan coñecido de que verás como aparece alguén que pisa onde non debía. Hai case que nada disque pasou unha ministra, suponse que camiño da casa para xustificar o desprazamento como antes facía algunha persoa ilustre niso de vivir da cousa pública, e tirou do peto a promesa da inversión multimillonaria para crear unha estación intermodal que resucitará a proposta de Foster. En si mesma a acción foi unha burla ao sistema democráctico e aos ourensáns: a uns días das eleccións xerais o prometido investimento de proporcións divinas -falouse de 100 millóns de euros- suponse que pretendía convertirse nun reclamo electoral. Obviamente de suposición tiña pouco, ademais de ir contra a lei electoral e a súa regulación deste tipo de accións en datas próximas á xornada de votación. Agora, será por aquilo de que as autonómicas están á volta do verán, encarnouse Feijoo nas terras próximas a onde ten ascendencia familar para argallar unha nova posta en escena: os próximos presupostos da Xunta contemplarán unha nada pequena cantidade para construir o balneario que convertirá á cidade de Ourense no punto de referencia do termalismo mundial, ou algo así. Cantos anos levamos con isto? En cantas ocasións os gobernos da Xunta, todos, nos venderon esa aposta termal que non fixeron? Poñelos nos orzamentos está ben, mais iso non quere dicir que se vaian investir. E postos, pode falar coa ministra e facer estación e balneario a un tempo.