Corpo (a) terra volverá encher de danza o casco histórico

ourense / la voz

OURENSE CIUDAD

.

Dende a praza de Santa Eufemia arrancará todos os días a programación do festival anual

07 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Días 7, 8 e 9 • 21.00 horas • Praza de Santa Eufemia • Os espazos públicos do casco histórico de Ourense volverán mudar en escenarios para as propostas do festival de danza e artes do corpo que se celebra na cidade dende hai uns anos. O Corpo (a) Terra foi presentado onte e dende hoxe, e ata o día 9, profesionais de varios países participarán nos diferentes espectáculos que se ofrecerán en Ourense.

Para esta primeira xornada están programadas tres montaxes. Ás 21.00 horas, en Santa Eufemia -onde comezarán as actividades todos os días-, poderase ver a proposta escénica «Pies de plomo». Ás 21.30 horas haberá cita nas escaleiras da igrexa de Santa María Nai. Nesta ocasión a montaxe é «Bolero» e está protagonizada por Clara Pampyn e Alberto Alonso.

A terceira, e última, sesión do día correrá a cargo da compañía de Costa Rica Los INnato. A súa proposta leva por título «NO/nato» e poderase ver a partir das 22.00 horas na Praza de San Martiño.

Mañá comenzarán as actividades coas propostas «Picnic musical con froit (a) na rúa» e «Sórdito», espectáculos que se poderán ver na praza de Santa Eufemia ás 20.30 e 21.00 horas, respectivamente. Nas Burgas, neste caso a partir das 21.30 horas, desenvolverase a montaxe de Fran Martínez «A temperatura. O temperamento». No mesmo escenario, con comezo ás 22.45 horas, poderase ver a montaxe de Angela Milano y Matías Daporta titulada «Entremés».

As sesións do día 8 pecharanse co espectáculo «Aula de desenho». A proposta de Fabiola Augusta desenvolverase no claustro de San Francisco, a partires da medianoite.

O Corpo (a) Terra pechará con dúas iniciativas: por unha banda a montaxe «Solo juntos», que se porá en escena en Santa Eufemia a partires das 21.00 hoas, e por outra a festa de peche desta edición do certame. A convocatoria será na Alameda, a partires das 21.30 horas, e na mesma ofreceranse catro espectáculos: «No es la boca la que va a la cuchara sino la cuchara la que va a la boca», «Somos los que somos», «Pedanca e oso» y «c.a.t. (e) ring».

Formación

Xunto aos espectáculos dos espazos públicos, o certame desenvolveu nestes días un curso de formación no que participaron preto de cuarenta profesionais do sector.