Xurxo Alonso gaña o Premio de Poesía Cidade de Ourense

La Voz

OURENSE CIUDAD

«Cartas da fronteira», do pintor e escritor, foi elexida polo xurado entre os 57 orixinais presentados a concurso este ano

18 jun 2016 . Actualizado a las 19:23 h.

O escritor e pintor vilagarcián Xurxo Alonso converteuse onte no gañador do Premio de Poesía Cidade de Ourense 2016. O xurado reuniuse no Liceo para elexir a mellor das cincuenta e sete obras presentadas a concurso, nunha convocatoria que está aberta a todos os cidadáns da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal ?as obras poden estar escritas en galego ou en portugués?. Isabel Alves, Fernando de Castro, Luciano Rodríguez, Amalia Mosquera e Luís González Tosar elexiron Cartas da fronteira, do consolidado escritor vilagarcián, como o orixinal que reunía as condicións para ser Premio de Poesía Cidade de Ourense 2016. A convocatoria está dotada con 6.000 euros e a publicación do libro.

O premio de poesía do Concello de Ourense conta con 22 anos de historia e na pasada convocatoria foi a escritora e xornalista Eva Veiga, con Silencio percutido, a gañadora.