O sínodo


OPapa Francisco dicíanos o outro día que o estilo sinodal da Igrexa consistía en «reunirse, unirse, escoitarse, discutir, rezar e decidir», deixándose guiar polo Espírito. Pois ben, de acordo con estes principios nós podemos participar no sínodo da seguinte maneira: Rezando e lendo cos ollos ben abertos o Evanxeo e a realidade.

Para iso hai un método ben simple. Ofrécenolo a Acción Católica (no seu movemento Mocidade Obreira Católica): ver a realidade na que estamos metidos, xulgar esa mesma realidade dende a lectura da Palabra de Deus, e actuar; é dicir, comprometernos ca nosa vida para ser testemuñas do Evanxeo nese mundo que queremos facer máis humano e máis cristián. Aportando os nosos consellos, as nosas suxestións e experiencias. Quen máis, quen menos, todos temos moitas experiencias de crentes dende nenos, a todos nos deron un consello adecuado nun momento oportuno, todos demos a nosa opinión cando se nos pedía. Isto é o que temos que facer agora que somos convidados polo noso Bispo a participar neste sínodo diocesano.

Formando parte dalgún grupo sinodal e reflexionado sobre os temas que nos propoñan en cada comunidade parroquial, en cada grupo, movemento ou asociación, en cada casa relixiosa aberta. ¡Que todos os que o desexen poidan incorporarse á dinámica do sínodo de Ourense!

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O sínodo