«Ourense é a cidade que me atrapou dende o principio»

x. m. r.

OURENSE CIUDAD

Paco Ascón es el comisario de la exposición
Paco Ascón es el comisario de la exposición

O pintor abre no Centro Cultural Marcos Valcárcel unha exposición sobre patrimonio e natureza

29 abr 2016 . Actualizado a las 10:42 h.

O Centro Cultural Marcos Valcárcel abre esta tarde ao público a exposición «Ourense é arte». Será ás 20.15 horas cando se procederá á inuaguración da mostra de Paco Ascón (Barcelona, 1945), un proxecto creativo no que estivo traballando os tres últimos anos e que inclúe un conxunto de obras nas que a cidade de Ourense, algúns dos espacios patrimoniais da provincia e a natureza son os protagonistas. Na sala de exposicións do Simeón, no espazo superior, tamén amosa Ascón unha colección de obras sobre a cidade de A Coruña. Son traballos realizados hai anos a partir de fotografías antigas e gravados. O pintor artellou o conxunto como unha pequena homenaxe á cidade onde viviu hai tempo. O proxecto presentouse onte.

-Na presentación indiciduse de forma reiterada na defensa que fai da cidade e da provincia. Mesmo no título escollido.

-Ourense é unha cidade que me atrapou dende o principio e que o fai cada día con máis forza. Elexín o título da mostra porque na miña opinión esta provincia é arte no seu conxunto. É a gran descoñecida, dentro da propia Galicia, e debemos reivindicala.

-¿Que motiva a elección dos temas da exposición?

-Son un pintor de natureza, é o que a min verdadeiramente me atrae. Aínda que cando me puxen a crear un proxecto para este espazo a miña idea era facelo sobre os mosteiros, que me chamaron a atención cando viñen para Ourense e que creo son os grandes descoñecidos, e a riqueza patrimonial da provincia. Ao final os contidos céntranse na cidade de Ourense, o patrimonio e a natureza.

-¿Por que a natureza?

-A min o que me gusta é falar coa miña obra e non son un pintor imaxinativo, expresionista ou excepcional. O que tento é chegar a unha utopía e a mesma para min está na natureza, tanto na paisaxe viva como na traballada.

-Tamén no compromiso persoal polo que se ve.

-Si. Levo moitos anos en Galicia, e dezasete na provincia de Ourense, e vivo nunha casa de cincocentos anos recuperada no Xares, preto do punto máis alto de Galicia, Pena Trevinca. Aquí fixen a miña vida, está a miña familia e as miñas raíces e considérome un galego máis.

-Inclúe unha obra, «Desolación», que pouco ten que ver con a imaxe idílica da natureza.

-É unha imaxe que representa un incendio moi importante que houbo hai uns anos non me lembro onde -na obra vese a unha muller maior, de loito, no medio dun espazo queimado na zona de A Bola-. Refrexa a impotencia que viven os veciños das zonas rurais que arden. Eles son os primeiros en chegar, e os últimos en marchar, e quixen refrexar esa desesperación desa señora que leva todo o día traballando, que está de cinza ata arriba, e que ve como non se puido facer nada e se perdeu todo.