«Queremos que A Ponte conte cunha axenda de actos propia»

OURENSE CIUDAD

Santi M. Amil

No local da Asociación Andén celébrase esta tarde a primeira edición do certame poético PonTesía16

07 abr 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O local da Asociación Andén Primeiro (Avenida de Marín, xunto ao pavillón de Correos) acolle esta tarde o certame poético PonTesía16. Será a partires das 20.00 horas e na cita coincidirán escritores cunha ampla traxectoria e recoñecemento da crítica á súa carreira literaria, como Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer, e novos autores que comezan a súa andaina creativa, como é o caso de Ángela del Canto, Iago González e Inés Outomuro ?os dous últimos primeiro e segundo premio, respectivamente, dos galardóns Minversa 2016?. Como mestra de cerimonías estará outra escritora, Olga Novo. O certame está organizado pola asociación cívica e cultural Vía Vella de Pontecanedo, da que é responsábel Xosé Rodríguez Díaz.  

?¿Como nace esta iniciativa?

?O obxectivo da asociación Vía Vella de Pontecanedo é promover e organizar actividades porque queremos que o barrio da Ponte teña unha axenda propia a todos os niveis. E neste caso contamos coa implicación de Olga Novo, que ademais de escritora é profesora do IES Blanco Amor, sen a que isto non sería posíbel. 

?¿Experiencia e futuro?

?Esa é a filosofía desta primeira edición de PonTesía16. Contamos cos autores consagrados na literatura galega, como Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer, e con estudiantes do IES Blanco Amor, do barrio, para que conten co noso apoio e se convirtan na nova xeración de poetas. E repito, con outra escritora e docente que é a nosa cómplice nesta aventura. No recital tamén haberá unha mostra de esculturas de Adolfo Fernández. 

?¿O proxecto nace con vocación de futuro?

?Esa é a filosofía. Esta será a primeira edición e o noso obxectivo pasa por darlle continuidade no tempo para convertila nunha referencia poética para a cidade e para Galicia.

?¿Que iniciativas organiza Vía Vella de Pontecanedo?

?A asociación naceu polas inquedanzas que había no seu día na asociación de pais, que xa facíamos cousas, e de aí pasamos á actividade cultural e a outras propostas. Facíamos todos os anos, e mantemos, a viaxe ás Illas Atlánticas, celebramos camiñatas pola zona para coñecer o barrio ?en colaboración con Vía Auria e Ríos Limpos?, e á acción gastromicolóxica dímoslle cotinuidade cun curso de cociña que impartiu Alfredo López, de Recetas de Rechupete. 

?¿Teñen algunha outra actividade prevista?

?Estamos ultimando un proxecto que une literatura e arte, tomando a obra de Hemingway e o cadro «Os noctámbulos», de Hopper.