«A obra integra poesía, música e danza cos sentimentos»

OURENSE CIUDAD

CEDIDA

O Principal ofrecerá mañá a montaxe «Tres flamencos e 1.000 versos», que protagoniza a actriz Sabela Hermida 

19 feb 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Ao Teatro Principal de Ourense chegará mañá «Tres flamencos e 1000 versos». Será a representación ?o sábado, a partir das 20.30 horas? coa que se estreará a versión galega desta montaxe que estivo en escena en Madrid durante meses. A actriz galega Sabela Hermida protagoniza esta proposta escénica xunto a Antorrín Heredia (cantaor), Juan Ramírez (bailaor), Reza Jafari (guitarra) e Pavel Sakuta (violín). 

?¿Que é ?Tres flamencos e 1.000 versos??

?É un proxecto escénico de Javier Villán, escritor e crítico de El Mundo, no que se elexiron textos de grandes poetas, que comparten o escenario coa música, o cante e a danza. O que se quixo foi dar unha imaxe da realidade do Estado dende unha visión da súa realidade plural. Daquela, elexíronse representantes de todas as autonomías para o proxecto, aínda que dando o maior protagonismo a Cataluña, Galicia e Euskadi como nacionalidades históricas. 

?¿Como se acometeu a versión que chega a Galicia?

?A idea orixinal e a selección de textos foi obra de Javier Villán e na montaxe orixinal xa tiñamos unha ampla presenza os galegos, entre outros con Celso Emilio Ferreiro e a canción de cuna de Federico García Lorca a Rosalía de Castro. Na adaptación galega, que asumín coa súa colaboración, tamén aparecen pezas como a «Penélope» de Xosé María Díaz Castro, de Curros Enríquez, de Rosalía de Castro e unha nana galega popular do século XIX.

?¿Que autores aportan textos á proposta escénica?

?Ademáis dos galegos xa citados hai poemas de Quevedo, Alberti, Max Aub, Ángela Figuera, Luis Cernuda, Miguel de Unamuno, Federico García Lorca, Joan Maragall, Gabriel Aresti, Salvador Espriu, José Bergamín, Leopoldo Panero, Blas de Otero, Antonio Machado e Gabriel Celaya. 

?¿Por que poesía?

?É unha decisión consciente e comprometida. O imperativo categórico co que naceu esta montaxe foi o de «Que calen os políticos e que falen os poetas», expropiando o verso orixinal de Blas de Otero. 

?¿Non se fai complicado xuntar poesía, música, cante e danza?

?Neste caso non porque non se trata do que se coñece como poesía teatralizada. Os textos teñen un nexo de unión coa música e coa danza e cada un dos paos do flamenco está adaptado para as transicións temáticas. Conseguimos unha integración total e o que se atopa o espectador é unha obra que fala de sentimentos, que fai referencia a experiencias desoladoras, á ledicia, á morriña, ao exilio, á desolación, á carraxe contra un país que se olvida dos seus fillos. 

?¿Teñen xa pechada a presenza da montaxe por Galicia?

?Estamos pechando datas e lugares. O Teatro Principal de Ourense será onde se estreará a versión galega e o 23 de abril estaremos en Vigo, no teatro de Afundación