Cristina Pato participa na Berlinale 

OURENSE CIUDAD

cedida

A gaiteira estivo no festival para presentar «The music of strangers»

16 feb 2016 . Actualizado a las 20:38 h.

Onte estreouse na Berlinale o documental «The music of strangers», un traballo que se centra na experiencia do cellista Yo-Yo Man e o seu Silk Road Ensemble, formación esta na que participa a artista ourensá afincada en Nova York. O documental coprotagonizado por Cristina Pato foi dirixido por Morgan Neville e parte do mesmo foi rodado en Galicia. O traballo presentado no festival de cinema de Berlin conta a historia deste colectivo musical creado polo lexendario cellista Yo-Yo Ma  do que forma parte Pato. A través da fita pódense seguir as vidas deste grupo de instrumentistas, e como exploran o poder da música para preservar a tradición, dar forma á evolución cultural e inspirar a esperanza. A parte dedicada á gaiteira ourensá explora os valores fundamentais da cultura e da identidade galega e lévanos a coñecer a súa vida familiar, social e cultural en Galicia. Tamén se reflicte o que significa para Cristina formar parte e querer estar en dous lugares á vez, e a influencia da emigración na súa vida e na dos seus pais. No documental participan, ademais de Yo-Yo Ma e a propia Pato, os outros membros do Ensemble: o clarinetista sirio Kinan Azmeh, o iraní Kayhan Kalhor (toca o ?kamancheh?) e a chinesa Wu Man (coa ?pipa?), que tamén falan das súas respectivas traxectorias e culturas. O proxecto presentado este luns en Berlín chegará no verán ás salas de todo o mundo e será emitido, con posterioridade, pola prestixiosa canle americana HBO.