«Víctor Manuel convidoume a cantar con el ?Canción pequena?»

OURENSE CIUDAD

O artista ourensán traballa nun disco de duetos que agarda editar neste ano
O artista ourensán traballa nun disco de duetos que agarda editar neste ano . césar toimil< / span>

O cantautor ourensán acompañará ao artista asturiano no seu concerto de Compostela

11 feb 2016 . Actualizado a las 21:27 h.

Víctor Manuel está esta fin de semana en Compostela co concerto da súa xira «50 años no es nada». Un repaso á súa carreira profesional na que Ourense xogou un papel esencial. Na entrevista que Javier Becerra publicaba o pasado venres no Fugas de La Voz de Galicia, o asturiano recoñecía que gañar o Festival do Miño en 1967 «me salvo la vida» e que o premio permitiulle contar co tempo que precisaba para compoñer os que logo foron algúns dos seus temas máis coñecidos. No concerto do Pazo de Congresos de Compostela, mañá sábado, e na súa participación no programa da TVG Luar terá como artista convidado ao ourensán Emilio Rúa.

-¿Como surxiu o convite para cantar con Víctor Manuel?

-Hai tempo que estou traballando no proxecto de editar un disco de duetos. Un dos temas elexidos é a versión galega da «Canción pequeña», de Víctor Manuel. Paseilla no seu día, gustoulle e agora convidoume para cantar con el a «Canción pequena» no concerto de Santiago.

-¿En que consistirá o novo traballo?

-Serán catorce temas e vai haber un pouco de todo: temas meus en castelán, versións en galego de pezas ás que lle teño un especial cariño ou que considero que son obras de referencia no mundo da música -en castelán, inglés ou portugués- e outras propostas.

-¿Con quen vai contar para o proxecto?

-Iso é algo que aínda é precipitado anunciar. Non por nada, senón porque son participacións que se están negociando e sairán ou non. Si que podo sinalar que participará Víctor Manuel, porque xa coñece a versión galega do seu tema e gustoulle, pero o resto vai estar condicionado polas datas para gravar e as negociacións referidas a permisos e dereitos de autor.

-¿E negocia con?

-Podería citar nomes, pero xa digo que non son máis que hipóteses. Gostaría de facer temas con Santiago Auserón, Amaral ou Kiko Veneno; mesmo unha versión en galego de «Yolanda», de Pablo Milanés. Pero xa digo que todo iso non son máis que desexos e suposicións.

-¿E vai ser neste ano?

-Si. Esa é a previsión coa que traballo, con editar ese disco antes de rematar 2016.

-Presentou hai pouco «Querida alegría». ¿Como vai?

-Ben. Foi unha presentación distinta, fixemos como una especie de mesa redonda no Liceo e a xente participou coas súas preguntas e din a coñecer algún dos temas do traballo. Xa fixen concertos na Casa de Galicia, de Madrid, e Compostela para presentalo e nas próximas semanas teño datas pechadas en Monterroso, Cervo, O Barco e Ponteareas.

-¿Sigue reivindicando a faceta de cantautor?

-Sempre. Levo editados seis discos e manteño a miña reivindicación. É certo que a industria musical ten marxinados aos cantautores, aínda que sempre terán público.