O Outono Fotográfico ampliará a su presenza internacional co GoaPhoto

OURENSE CIUDAD

Santi M. Amil

Os organizadores do certame presentaron o catálogo coas mostras da edición recén rematada

29 ene 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O Outono Fotográfico seguirá apostando pola dimensión internacional e neste 2016 as propostas da imaxe que se xeran dende o certame ourensán terán presenza no GoaPhoto, o festival de fotografía que se celebra neste estado da India. Coa colaboración no Goa International Photo Festival a organización do Outono dará continuidade á promoción internacional que está desenvolvendo nesta nova etapa, con Xosé Lois Vázquez e Vítor Nieves como coordinadores, e que se ten materializado con exposicións ou presenza nos Encontros da Imagen de Braga e en Avintes ?os dous en Portugal? o no certame de Fortaleza ?Brasil? no que se participou no 2015.

A participación en GoaPhoto foi anunciada onte por Nieves na presentación do catálogo do Outono Fotográfico 2015. Unha cita na que participaron, xunto aos coordenadores do festival, a concelleira de Xuventude de Ourense, Sofía Godoy, e o director do Muse Etnolóxico de Ribadavia, Xosé Carlos Sierra.

Xosé Lois Vázquez lembrou que nos últimos anos o catálogo anual se presenta unha vez rematado o certame, unha decisión que ten unha sinxela explicación: «Queremos que sirva de resumo do que se fixo na edición correspondente do Outono e que, ao mesmo tempo, sirva como obra de consulta para coñecer o que se está a facer no sector e como base de datos sobre a fotografía en Galicia». Godoy reafirmou o compromiso do Concello co certame e Xosé Carlos Sierra, autor dun dos textos da publicación, incidiu no papel que xoga a imaxe na sociedade contemporánea e como se ten convertido en elemento común nas redes sociais, canle de comunicación ou espazo para a reflexión.