Contra a marxinalidade

comité antisida de ourense.

OURENSE CIUDAD

02 dic 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Quedou atrás o tempo no que a sida aparecía como una epidemia imparable. A prevención e os avances nos tratamentos médicos frean a súa extensión e posibilitan aos afectados convivir coa enfermidade. Superamos os prexuizos de que era una «enfermidade culpable» asociada a determinadas opcións sexuais ou a consumos de sustancias. Que é posible evitar a transmisión do VIH. A sida tivo o aspecto positivo de provocar a solidariedade coas persoas que a padecían. Fronte estas realidades positivas, as políticas sanitarias e sociais dos gobernos de Santiago e Madrid están provocando que se cronifique a exclusión social dos afectados en situación ou risco de marxinalidade. Os programas de prevención e apoio desaparecen das axendas políticas, e polo tanto dos presupostos. As ONG que traballan cerca das persoas afectadas por VIH?sida seguen perdendo financiamento e fican soas fronte á crúa realidade da xente agravada pola crise. O Comité Cidadán Anti?Sida de Ourense é un exemplo de ONG nacida nos anos noventa como resposta cidadá aos problemas sanitarios e sociais que a sida tiña nos primeiros tempos. Durante máis de vinte anos mantivo campañas e servizos de prevención e concienciación. As carencias económicas, os problemas coas drogas ou o paso por prisión dificultan levar una vida saudable. A casa de acollida para persoas con sida en situación de emerxencia social permanece aberta, sempre ao borde do abismo económico, con oito prazas, dende 1994. Por ela pasaron máis dun cento de persoas ás que se axudou a recuperar a súa vida. O financiamento da Xunta para este recurso, que supón a metade do que recibía en 2008, non llo pagan ata que remata cada ano. Este obriga ao Comité a actuar adiantando os cartos que debe obter prestados pola banca e con intereses. Os traballadores da ONG, con salarios mínimos, pasan ás veces meses sen cobralos polos desaxustes. Outros programas tamén perderon parcial ou totalmente o escaso financiamento que tiñan, mesmo forzando o peche en horario parcial da sede no Casco Vello pola que pasan moitas persoas en busca de apoio ou simplemente compañía. O Comité pide aos cidadáns que permanezan na prevención fronte á sida e na solidariedade cos que a padecen. Ás Administracións Públicas, á Xunta, demándanlles que recupere o investimento en programas de prevención en ámbitos como o da xuventude, o do consumo de drogas ou o das relación sexuais. Tamén que actualice a colaboración e o financiamento coas ONG.