«Proceder de Sober axúdame a meterme no meu personaxe»

Francisco Albo
francisco Albo MONFORTE / LA VOZ

OURENSE CIUDAD

cedida

Salgado interpreta un dos papeis principais da serie «Serramoura»

03 ene 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Aínda que reside hai moito en Ourense e a miúdo pasa por ser ourensán, o actor Chechu Salgado -un dos protagonistas da serie televisiva Serramoura- considérase profundamente soberino e no DNI segue figurando como empadroado neste municipio.

-¿Continúa mantendo moita relación con Sober?

-Vou sempre que podo, pero agora ás veces paso un par de meses sen ir por alí. Traballo na Coruña e estudo interpretación en Vigo, así que non teño moito tempo. Pero gústame moito estar en Sober e esta fin de semana, por exemplo, vou facer unha visita.

-¿As súas orixes sérvenlle para compor o personaxe de Román en «Serramoura»?

-Toda a túa experiencia na vida axuda a interpretar, pero creo que o feito de proceder de Sober me resulta moi útil para meterme no personaxe. A serie está ambientada nunha pequena vila do interior de Galicia e eu pasei a infancia nese ambiente.

-¿Cando nota que o axuda máis esa experiencia?

-Síntome moi cómodo sobre todo cando rodamos en exteriores, en pleno monte. Estou moi identificado con ese ambiente rural do interior. Non sería igual se a serie estivese ambientada nunha vila mariñeira como Muxía, por exemplo.

chechu salgado actor