«A partir da carreira de Arteixo foi cando comecei a pensar no título»

José Manuel Ferreiro Negreira
José M. Ferreiro CARBALLO / LA VOZ

OURENSE CIUDAD

Iniciou a tempada cunha avaría que o relegou ao sexto posto en Santa Comba

15 dic 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Daniel gorín lema campión galego de menos de 1.600 cc en autocrós

Daniel Gorín Lema (Leiloio-Malpica, 1984) é o novo campión galego de menos de 1.600 cc de autocrós. O malpicán conseguiu algo que nunca fixera un malpicán, polo que se sinte especialmente orgulloso. Pero o título non foi doado nun piloto agresivo e competitivo.

-¿Cando viu que podía ser campión?

-A partir da carreira en Arteixo foi cando comecei a pensar no título. Era a segunda da tempada e logrei a pole, primeiro na liña nas semifinais e gañei a carreira.

-¿Era o favorito este ano?

-Eu cando comeceí a tempada pensaba como rivais a bater en Dani Castro, de Cances, e Alfonso Álvarez, de Carballo.

-Pero a tempada non comezou ben.

-A verdade é que non. Rompín a caixa de cambios en Santa Comba e acabei sexto. Foi un mal comezo, pero dentro do malo remendamos moito para quedar o máis arriba posible.

-¿Foi un ano moi complicado?

-O nivel foi moi bo. Eu gañei tres das oito probas, en Arteixo, Santa Comba e Rianxo; fun segundo en Carballo, sexto en Santa Comba, Ourense, nas dúas probas, e en Carballo rematei a segunda proba duodécimo. Tiven unha penalización e acuseino.

-¿Ten dedicatoria este título?

-Está claro que á familia, amigos e, como non, aos patrocinadores. Sen eles non estaría onde estou agora mesmo.

-¿Sonlle imprescindibles?

-Si, eles son o respaldo económico para competir. Sen xente como Desgüaces Mancebo de Tella (Ponteceso), Peluquería Laura Vilanova de Carballo, o Concello de Malpica e o barco Novo Nautilus, que son os principais, non podería correr. Están comigo desde o 2011. Aínda que a primeira vez foi unha carreira do nacional en Carballo no ano 2010.

-Ademais do autocrós tamén practica outras especialidades.

-Esta temporada tamén fago moito kartcrós. Vou sempre que podo ao circuíto de Valga cos amigos. Sempre aprendes moitas cousas e pásoo moi ben.

-No campionato galego xa leva catro anos.

-Primeiro foi a proba do nacional en Carballo, o meu primeiro contacto. Alí fixen a pole, terceiro nunha semifinal e primeiro en outra. Na final rompeume o cable de acelerador a non acabei. No ano 2011 quedei quinto no galego, despois terceiro, cuarto e agora o título.