O Etnolóxico de Ribadavia amosa a mostra «Filatelía, patrimonio e museos»

La Voz

OURENSE CIUDAD

31 jul 2014 . Actualizado a las 06:00 h.

O conselleiro de Cultura acudía, logo do acto en San Cibrao de Las, á capital do Ribeiro para inaugurar a mostra Filatelia, patrimonio e museos. A exposición poderase visitar durante todo o mes de agosto no Museo Etnolóxico de Ribadavia e «coincide co 50 aniversario da Sociedade Filatélica Miño de Ourense (SFM) e reúne unha grande colección de selos que constitúe un exemplo do coleccionismo desenvolvidos polos membros da Sociedade Filatélica, Numismática y Vitofílica Miño».

O proxecto, segundo se sinalou na inauguración, está moi vencellado en algunhas temáticas «coas inquedanzas do Museo, como a escolma sobre Xaquín Lorenzo -ao que Vázquez Abad definiu como mestre da etnografía ourensá e galega-». Tamén se poden ver no Museo Etnolóxico de Ribadavia «series adicadas aos hórreos, a economía é a cultura da comarca, as Letras Galegas ou a historia da roda». O conselleiro agradeceu á Sociedade Filatélica Miño o traballo desenvolvido ao longo deste medio século e a súa xenerosidade na organización de mostras como a que se pode ver en Ribadavia.

Obras de Natasha Lelenco

Tamén se inaugurou no Etnolóxico a mostra Pa? mântesti, que recolle o traballo da artista Natasha Lelenco. A creadora amosa doce pezas vencelladas ao mundo da representación e do teatro.