O impulsor do xornalismo galego

xosé manoel rodríguez OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIUDAD

MIGUEL VILLAR

Lamas Carvajal editou «O Tío Marcos d? a Portela» entre 1876 e 1890

10 may 2014 . Actualizado a las 07:10 h.

As pegadas de Valentín Lamas Carvajal (1849-1906) están vivas na cidade de Ourense, nos seus espazos públicos e nas súas institucións. No casco histórico unha praca lembra, na rúa Lepanto, onde se imprimía o primeiro xornal editado integramente en galego de Galicia e no Posío está o grupo escultórico que a cidade ergueu na súa memoria. E as institucións manteñen aceso un legado que é fonte de investigación e consulta recurrente: a colección de O Tío Marcos d? a Portela e o seu conxunto de colaboradores: Curros Enríquez, Ramón Cabanillas, Losada Diéguez, Peña Novo, Noriega Varela e moitos outros. A extraordinaria acollida da publicación debeuse á defensa que facía «do labrego dende unha perspectiva anticaciquil».

O grande traballo xornalístico de Lamas Carvajal, que segundo a RAG «contribuiu á construción dunha prensa galega», tivo outros referentes na súa condición de director da revista La Aurora de Galicia e o xornal El Eco de Orense, ademais de fundar xornais moi populares no seu tempo, como é o caso de El Heraldo Gallego. O autor ao que se lle adicaron as Letras Galegas en 1972 deixou tamén unha recoñecida obra poética e prosística. Con todo, foi O Catecismo do labrego a súa publicación máis emblemática. A parodia do catecismo relixioso, cun galego retranqueiro como protagonista, foi durante anos a obra máis popular e demandada da literatura galega.