Entre o traballo de base e o universal


Cristina Pato anda a percorrer Ourense, como fai sempre que pode voltar á cidade, aproveitando que acude ao Gaiás con ese proxecto internacional que fala de músicas do mundo, de mestura, de interculturalidade. Xavier Paz, veciño da gaiteira e amigo, defínese como un traballador cultural de base -«cada un xoga o papel que ten que xogar: uns facemos o traballo de base e outros trunfan polo mundo. Esa é a nosa riqueza»-. E todos os participantes no encontro sobre a situación da cultura na cidade coinciden nas liñas xerais: Ourense conta cunha importante oferta, descoñecida nalgúns casos para o gran público, e vive na marxinación histórica que se espalla dende Compostela -o centralismo periférico, como define algún dos presentes. A marxinación por partida dobre: o antigo papel de Madrid é replicado por Santiago-. Tamén existen proxectos, algúns históricos, con grandes eivas que superar e políticas culturais baleiras de contido, que non de imaxe. E emigrantes culturais que exercen cando o tempo e a profesión os deixa; como todas as pequenas cidades, Ourense non dá artellado respostas para todos os seus creadores.

Aínda que os axentes culturais non se deixan levar pola crise nin polos malos agoiros, e saben que a colaboración entre eles para desenvolver proxectos e a aposta por axeitar os novos modelos é o camiño para voltar a unha realidade non tan lonxana. Que non será a mesma, pero pode ser igual de vizosa. Doutro xeito.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

Entre o traballo de base e o universal