O Fontecarmoa sitúase líder da División de Honra tras vencer o Xadrez Ourense

Vilagarcía / La Voz

OURENSE CIUDAD

12 feb 2014 . Actualizado a las 06:58 h.

Nunha xornada negra para a maioría dos seus equipos, o Club Xadrez Fontecarmoa saboreou as mieles da gloria da man do seu equipo de bandeira. O C.X.F. Viajes Interrías Sanxenxo encaramouse ao máis alto da clasificación da División de Honra das Ligas Galegas de Xadrez empatado a 21 puntos co Padrón-Rianxo, logo de zanxar cun 4-2 o seu duelo da quinta xornada fronte ao Xadrez Ourense A. Un paso de xigante no reto do club vilagarcián de coroarse esta tempada como o mellor equipo de Galicia.

Polo que respecta ao resto das Ligas, estes foron os resultados: CXF Casa da Xuventude 1-3 M. Ribeira, Caballo Troya 2,5-1,5 CXF Baños Print, e T. Gallaecia 2-2 Breogán A (Primeira B); Pousada 3-1 CXF McDonalds, e L. Pueblense 2,5-1,5 CXF A. Pereira (2ªC); CXF R. A Pedra 0-4 J. Cuña (2ªD); Padrón C 1-3 CXF D. Rodas, H. Miramar 1-3 Breogán B, Brétema 2-2 CXF D. Lete, e EXP 0-4 CXF A Goleta (3ªF); Bueu P. 0-4 CXF Vitaldent, EXP Iván Salgado 1,5-2,5 CXF La Marina e Xosé Xestido 4-0 CXF Reeduca (3ªG); EXP Limpiezas S.V. 6-2 CXF C. Lembranza, EXP Casino Pontevedra 8-0 Breogán C -por incomparecencia-, e Albariño 4-4 CXF C. D?Pie (4ªA)