Xosé Luís Méndez Ferrín: «Eu o que pedía sempre era un cabalo!»

A noite de Reis foi para el un dos instantes que lle fixo palpar a diferenza entre a realidade e o desexo


Conta Méndez Ferrín (Ourense, 1938) que a noite de Reis foi para el un dos instantes que lle fixo palpar a diferenza entre a realidade e o desexo «porque non te traían o que en verdade pedías». «Eu deime de conta enseguida de que non era posible, o que realmente desexaba nunca chegaba: claro que eu o que pedía sempre era un cabalo!», explica para insistir nesa crueza entre o ter e non ter: «O que marcaba ese día eran sobre todo as diferenzas sociais entre os rapaces. Por iso dalgunha maneira si que me sentía un afortunado, polo menos tiña algún regalo e os reis entraban a beber as copas que lles deixabamos».

Antes dos 9 anos -cre lembrar- a maxia esvaeuse como sucede na maioría dos casos, pola influencia dos nenos do redor e porque descubriu «os desexos» en mans da propia familia. Di Ferrín que non sabe se a teima do cabalo viña marcada pola cabalgata que vía de pequeno en Ourense, en que os camelos era substituídos por equinos que achegaban o misterio dunha noite da que el non é especial entusiasta. Pero á que puxo todo o empeño cando seus fillos eran pequenos: «Cheguei a ir vestido de mouro nunha cabalagata e xa moi maior conseguín ir montado a cabalo! Agora montaría... «para fuxir!».

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos

Xosé Luís Méndez Ferrín: «Eu o que pedía sempre era un cabalo!»