Dous títulos galegos do C.X.R. Arousa, con pases ao Nacional

Vilagarcía / La Voz

OURENSE CIUDAD

16 oct 2013 . Actualizado a las 06:56 h.

Dobre éxito o colleitado polo Club Ximnasia Rítmica Arousa o pasado domingo en Ourense no Campionato Galego de Conxuntos de Base. O equipo cadete, formado por Belén Portas, Jénnifer Fernández, Paula Fernández, Noelia Feijoo e Sara Mougán, proclamouse campión. As dúas últimas, revalidando o seu éxito do 2012. Ademais, o seu adestrador, o ribadumiense Rodrigo Vázquez, conquistou o título sénior individual masculino por sexto ano consecutivo. Os seis irán o vindeiro mes ao Campionato de España.