Debuxos dos maiores de categoría infantil

La Voz

OURENSE CIUDAD

A homenaxe a Mariví Bilbao que Miguel Blanco Fernández brinda á actriz en forma de caricatura foi indiscutible gañador en opinión do xurado

22 may 2013 . Actualizado a las 13:11 h.

O texto da noticia reza así: «La actriz Mariví Bilbao ha muerto por causas naturales. nació en Bilbao en enero de 1930 y nos hizo reír en series como La que se avecina. Era tan querida por todos que le llamaron ?la mujer más grande del planeta?». E, grazas ao noso concursante, segue Mariví roubándonos sorrisos.

Os premios segundo e terceiro desta categoría fóronse para un debuxo de Daniel Ardao Ríos que recolle un tema de máxima actualidade, a escaseza de traballo dos estaleiros galegos e a súa consecuente repercusión no emprego; e para unha detallista postal de Blas Lafuente Gómez que nos regala optimismo e esperanza. O caso dunha muller que aos seus 79 anos podería converterse no mellor exemplo para tantos alumnos aos que lles custa enfrontarse aos libros e aos cadernos escolares captou a atención do mozo premiado polo xurado.

? PRIMEIRO PREMIO

Miguel Blanco Fernández. Educación especial do CPR Luis Vives (Ourense).

? Premio: un fin de semana en Madrid para catro persoas e entradas ao parque Warner.

? Premio ao profesor: M.ª del Pilar Gómez Grande.

? SEGUNDO PREMIO

Daniel Ardao Ríos. 5.º de educación primaria do CEIP Ponzos (Ferrol-A Coruña).

? Premio: unha bicicleta.

? Premio ao profesor: Montserrat Villa Martínez.

? TERCEIRO PREMIO

Blas Lafuente Gómez. 6.º de educación primaria do colexio Obradoiro (A Coruña).

? Premio: unha cámara de fotos dixital.

? Premio ao profesor: Pilar Mato Márquez.

? Premio para os profesores: unha estancia de dúas noites para dúas persoas en hotel-«spa» de catro estrelas en Galicia (xentileza de Oca Hoteles).