Julio Suárez gaña o cadro infantil do Open McDonalds

Vilagarcía / La Voz

OURENSE CIUDAD

24 oct 2012 . Actualizado a las 06:55 h.

O Circuito Galego de Promoción chegaba o pasado sábado a Vilagarcía, co Auditorio da capital arousá como escenario da súa penúltima proba puntuable. O Open de Xadrez McDonalds. Unha cita que dada a súa ubicación no calendario oficial reuníu a elite da canteira xadrecista autonómica, cun total de 135 participantes.

O sanxenxino Julio Suárez encabezou os resultados do club organizador, o C.X. Fontecarmoa. Fíxoo impoñéndose no cadro de competición da categoría de superior idede, a infantil. Tras sete roldas, Suárez rematou por diante de Adrián Gómez, do Xadrez Ourense, co que se xogará o título do Circuito na derradeira proba, o Torneo Expourense, dentro de dez días. O pontevedrés Alberto Portela completou o podio, coa vilagarciá Andrea Dorado como mellor fémina.

Tamén houbo protagonismo do C.X. Fontecarmoa nas categorías promesas e benxamín. Na primeira, a dos máis cativos, Andrés Rodríguez Ferreirós e Luca Rey Chimera foron segundo e terceiro tras o ourensán César Pérez, con Cecilia González, do Benchosey de Ourense, gañando en rapazas.

Ángela Rodríguez Ferreirós deulle o triunfo ao C.X. Fontecarmoa no cadro feminino benxamín, copado entre os rapaces por Alfonso López (Círculo Ferrolano), o rianxeiro Jorge Méndez e o ourensán Martín Fernández. En alevíns, dobrete do Casa da Xuventude de Ourense con Alberto Iglesias e Brais Gerpe, acompañados por Bernardo Rebollo (Xadrez Marín) e a gañadora Mireya Represa (Laroca de Nigrán).