Los internautas reclaman mejoras en la Festa da Pataca de Coristanco

La Voz

OURENSE CIUDAD

29 sep 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A min o da misa por Santa Patada paréceme unha horterada, como moitas outras que hai na Festa da Pataca de Coristanco. Podía ser unha celebración coma é debido, con cousas ben bonitas e queda toda nunha horterada. Ou lle dan un cambio ou en poucos anos morre. comepatacas. coristanco.

A idea da Festa da Pataca está ben, pero tal e como a fixeron os últimos anos é unha pataqueirada. Debería ter máis estilo. Máis glamur, coma cando tiña aquilo das azafatas. míster pataca. coristanco.

A min as festas que máis me gustaron foron as do 15 de agosto de Laxe. ¡Que festazas! ¡ Que espectaculares actuacións! Inigualable. escaravello. laxe.

Vimianzo tivo a mellor festa do verán. O Asalto ao Castelo non ten comparanza. Viva o castelo. juan olveira. vimianzo.

A mellor festa da Costa da Morte é a romaría da Virxe da Barca e sobran as razóns. E despois a de san Roque de Moraime (Muxía), que cada ano vai a máis e está sendo coñecida en toda a comarca. silvia barrientos. muxía.

Buenas fiestas en Cee, pero lo mejor son los fuegos del día 15. Son únicos. manuel sande ramos. barcelona.

As mellores festas foron as de Pasarela, non hai máis que mirar os carteis. fernando carril. ourense.

Sen dúbida, a mellor festa é a da Barca de Muxía, que cada ano vai a máis. Hai máis xente, máis coches e máis tendas con xente nova e con familias enteiras. Non hai festa que lle faga sombra. suso. muxía.

¿Cuál fue la fiesta del verano que más le ha gustado en la Costa da Morte? www.lavozdegalicia.es/carballo