Festa de San Xoán de Ávila

José P. Domínguez

OURENSE CIUDAD

06 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Odía 11, co gallo da festa de San Xoán de Avila, patrón do clero español, os sacerdotes diocesanos celebran a súa gran festa. No Seminario Maior, presididos polo Bispo de Tui?Vigo e Administrador de Ourense, Luis Quinteiro, reuniranse máis de 200 sacerdotes. É o momento de homenaxear ós compañeiros que celebran as vodas de ouro (14 sacerdotes) e tamén ós que celebran as súas vodas de prata (4 sacerdotes). Día grande para a clerecía, coa concelebración eucarística, presidida polo Bispo, ca conferencia sobre a exhortación apostólica Verbum Domini de Bento XVI, ditada por Francisco José Prieto, e ca comida de confraternización. Os sacerdotes terán a oportunidade de comentar as tarefas pastorais da diócese, os feitos acontecidos no ano e a longa espera dun novo Bispo. O clero de Ourense ténlle unha especial devoción a San Xoán de Ávila. En tempos pasados, cando aínda era beato, había en Ourense unha asociación chamada Os Avilistas: un grupo de sacerdotes, que, pensando nas misións populares, tiñan como nota definitoria a oratoria sagrada, intentando emular a Xoán de Ávila e procurando «facelo con liberdade de espírito e coa testemuña da vida». E moita devoción, porque con San Xoán de Ávila aprendemos a quererlle á Virxe María e a ver nela a nai agarimosa que nos anima na nosa misión sacerdotal a seguir facendo as veces de Xesucristo, o seu fillo.