Da tristura polo pasamento de Olga Gallego á análise da profesora Margarita Ledo Andión

La Voz

OURENSE CIUDAD

31 oct 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A cita da Real Academia Galega en Ourense para conmemorar o 90.º aniversario da saída á rúa da revista Nós encetou con palabras de lembranza. O presidente da institución fixo pública «a tristura pola ausencia de Olga Gallego [académica que finaba hai unhas semanas na cidade], que gozaría por ver por primeira vez á Academia Galega celebrando unha sesión na cidade de Ourense».

Na xuntanza da Real Academia Galega interviron tamén Margarita Ledo Andión e Xesús Alonso Montero. A profesora Margarita Ledo incidiu no carácter pioneiro da revista Nós «no seu tempo como un novo medio de comunicación para a cultura galega moderna», na cosmovisión do proxecto e nos seus compromisos «fundacionais coa lingua e a terra», en aspectos como a potenciación e o grande valor concedido «á imaxe, dándolle unha grande función simbólica» ou no compromiso cunha publicidade en galego.

Pola súa banda, Alonso Montero fixo unha intervención centrada nun hipotético número 204 da revista Nós publicado en 1951 (a publicación deixouse de editar en 1935) e nos seus colaboradores e artigos. Antes da sesión da Academia houbo no Simeón a lectura de textos da revista Nós .