Parten para Sarreaus os nenos do campamento «AnimaLingua»

La Voz SANTIAGO/LA VOZ.

OURENSE CIUDAD

14 ago 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O vindeiro luns partirán cara a Sarreaus (Ourense) os 30 participantes no campamento de verán AnimaLingua , que sairán ás 9.30 horas da dársena de autobuses de Xoán XXIII rumbo ao Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, en dita localidade ourensá. A concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, estará alí para despedir aos rapaces e rapazas, e para conversar cos pais e monitores.

Esta edición do campamento AnimaLingua , que un ano máis tivo unha gran demanda, desenvolverase do 16 ao 28 de agosto. Durante os 13 días, os rapaces e rapazas de entre 8 e 11 anos participarán en diversas actividades que teñen como obxectivo que se expresen en galego ao tempo que coñecen o medio rural. Este campamento está repleto de actividades de granxa, horta e invernadoiros, forno, talleres, excursións e moitos xogos.