«Aínda é algo minoritario que non está asumido polos sectores implicados na construcción»

OURENSE CIUDAD

21 ago 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Amigos da Terra leva a cabo nas Corcerizas varios cursos ó ano, co obxectivo de cambiar os hábitos dos cidadáns. A bioconstrución é unha opción que pouco a pouco vai atopando o seu lugar a sociedade.

-¿Ten boa acollida a bioconstrución en Ourense?

-No curso participan persoas de diferentes lugares de España, pero tamén hai ourensáns e doutros puntos de Galicia. É unha temática da que se fan cursos en moitos sitios e a xente se move e participa, porque si que lle interesa á xente.

-¿É unha opción con implantación no sector da construción?

-Aínda é algo minoritario que non está asumido polos sectores implicados, pero si que é certo que está crecendo e que cada vez hai máis xente interesada en respectar o medio ambiente. Hai empresas que se dedican á bioconstrución. En Ourense non, pero en Vigo, por exemplo, hai, e a nivel do Estado español hai máis.

-¿Cal é a norma básica da bioconstrución?

-En liñas xerais, é unha forma de construír que respecta o medio e a saúde das persoas. Isto nos leva directamente ós materiais que empregamos, como pinturas ou illantes. E para todos eles hai alternativas naturais.

-¿Encarece moito a construción da casa?

-Non. Por un lado é unha inversión a longo prazo, polo tema das enerxías alternativas e no que respecta á nosa saúde, pero ademais no momento da construción non supón un custo maior a da convencional.