O Parlamento de Galicia celebra hoxe en Ourense un acto cultural aberto ao público

La Voz

OURENSE CIUDAD

30 ene 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

O Parlamento de Galicia celebra hoxe en Ourense unha serie de actos culturais que comenzarán coa visita institucional da presidenta da institución, Dolores Villarino, ao concello e rematará as 20.00 cun concerto de Cristina Pato (piano) e Laura Alonso (voz) aberto ao público no teatro Principal de Ourense. A presidenta do Parlamento e o alcalde ourensán Francisco Rodríguez, percorrerán tamén a exposición ao aire libre Convivencias Saudables, composta por doce textos e doce imaxes de diferentes fotógrafos. A mostra inclúe paneis para que os visitantes deixen mensaxes.