«Cando viñen para a rúa da Granxa parecíame lonxe»

DONO DE TALLERES GARCÍA


ourense

Na rúa da Granxa hai un clásico do mundo do taller. Ese é José García, que leva máis de trinta anos acompañando ós veciños no mantenemento dos seus vehículos e vendo tamén e vivindo a transformación desa parte da cidade.-¿En que ano abriu o negocio?-Pois foi no 1975.-Xa son anos.-E esto cambiou moitísimo, totalmente porque en principio a mecánica era dun xeito, logo comezou a electrónica e o avance foi enorme. Tivemos que ir adaptándonos a eses cambios, poñendo nova maquinaria, adaptando as instalacións e acudindo a moitos cursiños porque se non estaríamos perdidos.-Supoño que este será dos primeiros talleres da rúa.-É o primeiro que houbo nela naquela época. Hasta parecíame demasiado lonxe cando viñen para aquí e hoxe estamos case no centro.-¿É vostede de Ourense?-Son nativo do concello de Baltar pero levo en Ourense desde os 15 anos.-¿E como cambiou este barrio?-Eu acordo todo esto por aquí abaixo e San Francisco todo cheo de viñas e agora só hai edificios. Cecais esto evolucionou pouco porque estivo moitos anos como zona verde. Logo fixeron Barrocás e ese novo barrio precioso que están facendo na zona dos Rosais, que lle gusta a todo o mundo.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

«Cando viñen para a rúa da Granxa parecíame lonxe»