Acevedo reestréase en Betanzos no banquiño do C.D. Lalín con moito máis cá 3 puntos en xogo

La Voz LA VOZ | LALÍN

OURENSE CIUDAD

?osé Manuel Alonso Acevedo agarda demostrar desde hoxe mesmo que o presidente do C.D. Lalín, Amandio De Bessa, non se trabucou de home no seu empeño por salvar a situación crítica na que se atopa o equipo roxinegro. Ás 17 horas, en Betanzos, o adestrador asturiano protagoniza o se segundo regreso ao banquiño dezao sabedor de que só se pode reestrear dunha maneira: encabezando a primeira victoria do C.D. Lalín neste xa ben adentrado 2007. Á urxencia dos puntos do penúltimo clasificado da Liga, o conxunto de Acevedo une o enfrontamento cun rival directo, o Betanzos, decimosexto na táboa a tiro de trunfo do Lalín. A receta do novo preparador roxinegro é tan sinxela como en apariencia difícil de cociñar para un cadro que acumula a cifra de 63 goles en contra en 29 xornadas de Liga (nove tantos nas tres últimas semanas). O asturiano pretende superar o Betanzos cunha defensa «sobria y sólida» sustentada nunha liña de cinco homes. Dani Pérez, cunha escordadura nun nocelo, e Adrián, que onte xogou co equipo xuvenil, son as únicas baixas nun C.D. Lalín que hoxe se despraza cos seus 19 efectivos dispoñibles, de entre os que Acevedo fará tres descartes antes do partido. Manu Alonso, cunha molestia na parte posterior dun muslo, podería caerse da convocatoria por motivos físicos. Pesie a reforzar a defensa, o punto de partida do adestrador visitante será «salir a presionar arriba al Betanzos. Si vemos que eso no funciona, entonces nos replegaremos y buscaremos aprovechar la velocidad de Julián, Cañete y Cea», di. Trunfo dos xuvenís Pola súa parte, o equipo xuvenil de Román Blanco deu onte un importante paso cara a permanencia na Liga Nacional. Na penúltima xornada do campionato, o Lalín impúxose pola mínina no Manuel Ángel Cortizo o Pabellón Ourense, rival coa categoría xa amarrada. Adrián, a falta dun cuarto de hora para a conclusión do choque, marcou o único tanto da tarde elevando ante a saída do porteiro rival un balón que lle chegara en longo. Era o premio ao dominio absoluto do Lalín, que dispuxo de numerosas ocasións para bater o Pabellón. Xogaron: Rafa, Quinteiro, Toño, Gonzalo (Órrea), Fuentes, Jacobo (Brais), Diego, Pablo, Juan (Sebas), Miguel e Adrián.