A Escudería Lalín-Deza finaliza no podio do Galego de Montaña

Pablo Penedo Vázquez
Pablo Penedo LALÍN

OURENSE CIUDAD

O equipo lalinense rematou o pasado domingo na terceira praza do Campionato Autonómico O novo éxito dezao sustentouse sobre o título do pontevedrés Víctor Magariños no Grupo X

02 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

? Escudería Lalín-Deza vén de ampliar o seu palmarés cun novo podio autonómico. Logo de conquistar o título galego de ralis por equipos hai un mes no Ourense-Baixa Limia, o pasado domingo a entidade presidida por Antonio Rodríguez Troitiño subíuse ao podio do Campionato Galego de Montaña. Disputada a derradeira das sete probas do calendario, a III Subida a Bola-Furriolo, a Escudería Lalín-Deza fíxose co terceiro posto da clasificación final cun total de 590 puntos, polos 689 do As Burgas, subcampión, e cun amplo colchón sobre o cuarto, o Leiro Desguaces, que rematou con 479 puntos. O novo éxito do equipo dezao sustentouse no título autonómico do pontevedrés Víctor Magariños Pazos no Grupo X. Aos mandos do seu BMW M3, Magariños rematou primeiro do seu grupo nas cinco subidas nas que participou, Vila de Cortegada, Chantada, Cidade de Pontevedra, Escusa-Poio e Bola-Furriolo. Actuacións que lle serviron ademais para finalizar noveno na clasificación xeral de pilotos, con 454 puntos. Outro nome propio no Campionato Galego de Montaña é o de Manuel Senra, quinto na xeral final e campión do Grupo A. O de Dumbría, que non acudíu ás dúas primeiras probas, disputou todo o calendario de Montaña desde finais de xullo.