Breogania


TEMOS un amigo de hai moitos anos, artista de sona e de retranca chantada na terra, na mesma terra na que agroman as mulleres, os nenos e os homes da súa escultura. Estabamos, o outro día, cunha chea de xente, a cantar o Himno Galego. Ao remate o noso amigo, moi serio, díxonos: «Pero ¿qué han dicir os rumorosos, e inda -isto sucedía en Ourense- e inda por enriba, na costa verdecente?». Inimigo de todo o sublime, era o seu xeito de refugar a sensibilidade, e mais outras parvadas de beatería cultural. Pouco despois vimos un tempo televisivo no que se ofrecía a curiosidade de ser o noso himno un dos poucos que non recolle o nome do país. É certo, segundo se mire. Téñase en conta que o celebérrimo poema de Pondal non foi criado a pensar nunha letra. Agora ben, Os Pinos si menciona o outro nome da Galiza ou de Galicia. Ese nome é Breogania, o que pasa é que moitos, ao cantaren o himno, esquecen o de «nazón de Breogán, de Breogán» que sucede ao «fogar de Breogán». Ha ser que aínda non son chegados os tempos dos bardos das idades. Se cadra non chegan oficialmente nunca, mesmo se latexan no inconsciente colectivo de todo un pobo, o pobo de Breogán. Co permiso da ciencia ou sen el.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Breogania