Protección do patrimonio cultural como A Veracruz e As Ermidas

La Voz

OURENSE CIUDAD

27 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

Pola tarde, no Simeón, houbo sesión extraordinaria da Real Academia. Alí estaban Mercedes Goicoa, Felipe Senén, José López Calo, Victoria Carballo Calero, Marcos Groba, Manuel Buciños, José Ramón Soraluce e Juan Antonio Rodríguez Villasante. Pediron máis atención para o entorno da Veracruz do Carballiño, tamén para os edificios da liña de ferrocarril Zamora-A Coruña; para a Serra de Pena Corneira e para o entorno de San Cibrán de Lás. A Academia pide atención para o Couto Mixto, para A Xironda, para Banga, os socalcos de Larouco e para As Ermidas no Bolo. Tamén se acordou que en Ourense, aparte do casco histórico, se poña en valor a arte contemporánea pedindo que se manteña o espíritu de determinados lugares urbáns con sabor doutro tempo.