O Couto Mixto será o epicentro dunha homenaxe ó galego co lema «Falamos unha lingua milenaria»

La Voz LA VOZ | OURENSE

OURENSE CIUDAD

18 nov 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

Unha lingua milenaria estendida por toda Galicia, que nos permite entendernos máis aló das fronteiras galegas, un identificador social máis asentado cás nosas institucións e que na Idade Media foi o medio de expresión de poetas de toda a Península Ibérica. Todo isto é parte do manifestó: Falamos unha linmgua milenaria , asinado por unha morea de representantes da sociedade galega, entre eles nove académicos, que nos levará a un acto no Couto Mixto o día 30. Nesta República dos Soños, a Fundación Premios da Crítica Galicia e os Amigos do Couto Mixto porán un monolito en Rubiás na honra do galego e de Manuel Taboada Cid, autor do libro Afinidades Lingüísticas Galego-Portuguesas no Couto Mixto e na Fronteira de Ourense, edición prologada por Manuel González, e será dado a coñecer o devandito manifesto. O Couto Mixto é símbolo da defensa do galego na Raia. «Queremos entendernos en galego cos portugueses e viceversa», dixo Xosé Benito Reza, dos Amigos do Couto Mixto, como sempre se fixo. Este lugar lexendario terá un amilladoiro da lingua galega no que cada galego pode levar unha pedra da súa terra escribindo nela unha verba típica. Porque variantes hai moitas. pero o galego é un.