Oímbra celebra o remate da vendima nos seus lagares

La Voz

OÍMBRA

En Oímbra volverán a pisar a uva nos lagares
En Oímbra volverán a pisar a uva nos lagares MIGUEL VILLAR

O domingo haberá pisada de uva e festa no lagar de Xan Preto

20 sep 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 24 • Oímbra • Foi no ano 2018 cando o Concello de Oímbra decidiu pór en marcha unha iniciativa vencellada á súa tradición histórica coa viticultura. Nacía daquela a recreación do prensado da uva nos lagares rupestres do municpio. Logo do parón obrigado da pandemia volveuse retomar a actividade e este domingo celebran unha nova edición. Será no lagar de Xan Preto, onde o Concello realizou no seu día unha réplica da prensa en madeira, onde se desenvolverá a tradición. Carretaranse as uvas —godello, treixadura e dona branca— ata o lagar e alí se procederá a pisalas. Logo da recreación haberá unha festa para celebrar o remate da vendima. Oímbra conta con máis de vinte lagares rupestres.