A Xunta pon en valor o ciclo «Vive o camiño» en Oímbra

O goberno pretende dinamizar a Vía da Prata


Ourense

A comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, participou este domingo en Cata o Camiño, unha das tres actividades celebradas en Oímbra no marco de Vive o Camiño, o ciclo impulsado pola Xunta de Galicia co obxectivo de dinamizar e poñer en valor o patrimonio xacobeo da Vía da Prata ao longo deste outono.

A vila ourensá de Oímbra é a quinta parada deste ciclo que visitará os 35 concellos da Vía da Prata e que contempla un cento de actividades. En total son 105 actividades que teñen lugar cada fin de semana e nas que os peregrinos poden interactuar cos veciños das cidades e vilas polas que pasa a Vía da Prata, unha ruta con destacados recursos naturais e patrimoniais.

Con este obxectivo deseñáronse tres tipos de actividades: rutas a pé, iniciativas gastronómicas e obradoiros para nenos e adultos. No caso de Oímbra, os participantes puideron percorrer pola mañá a Ruta dos Lagares Rupestres. Xa pola tarde, os máis pequenos asistiron ao obradoiro Xogando coa Natureza, mentres que os adultos participaron no taller Memorias de Prata.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Xunta pon en valor o ciclo «Vive o camiño» en Oímbra