Ourense: O pemento de Oímbra celebra a súa festa anual o domingo
Ao longo da xornada está previsto vender sobre mil quilos de pementos
Este domingo, 5 de agosto, terá lugar a vinte e unha edición da Feira do Pemento de Oímbra. Unha festa declarada de Interese Turístico Galega no ano 2009.
Máis de mil quilos serán os que se ofrezan, gratuitamente, a todo aquel que se achegue ata o municipio ourensán. A partir das once da mañá os fogóns traballarán ao longo de todo o día para servir os saborosos pementos.
Para presentar este evento, reuníronse na sala de xuntas da Deputación de Ourense a alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino Pardo, e o vicepresidente da institución provincial, Rosendo Luis Fernández. Unha cita onde non faltaron as boas palabras cara a alcaldesa, tanto pola súa forma de goberno como pola calidade dos produtos agrícolas que son as chaves da economía deste concello.
«A variedade do cartel ten como finalidade compracer a toda clase de público», afirmaba Ana María Villarino. Unha programación que reúne dende xogos tradicionais ata un concurso de cociña, pasando por diversas actuacións musicais e unha exposición de postos artesáns.
Comentarios